martes, 24 de septiembre de 2013

Só un libro

Ola!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Sinto moito non haber escrito pero é que estiven de vacacións.
Bueno vou por un texto moi,moi bonito,merece a pena lelo:

                                         Só un libro
Non sei que facer.
Miña irmá regaloume un libro.
Un libro.
Entre todos os agasallos que puido escoller, escolleu este.
Un libro.
Por que?
Que lle fixen eu?
Mírooo e remíroo.
Sacúdoo,a ver se ten algo entre follas,ademais de letras e debuxos.
Nada.
É só un libro.
Paréceme inútil, aí quieto sen moverse.
Éntranme ganas de rompelo,de escachalo,de queimalo,de estragalo...
A ver se así reacciona.
Non.
Que vai reaccionar!
Espera.
O libro espera.
Non se decata de que son máis forte ca el.
Non se decata de que podería esnaquizalo se deixara levar polo xenio.
Se cadra estase rindo de min.
Crerase moi importante por ser un libro.
Vouno abrir.
Teño curiosidade por saber que escribiron dentro para que teña ese aires de superioridade.
Vaia!
Non está nada mal.
Empézame a caer simpático.
 Tan caladiño,gardando a súa historia coma quen garda un segredo.
Ás veces penso que a miña irmá pode lerme o pensamento.
Era xusto o que eu quería.
Un libro.
Este libro.
                                                                                                                      Paula Carballeira
Gustouvos?Espero que si!!!!!!!!!!!!!!
Sorpresa agora vouvos recomendar dous libros:
 
Vai dunha nena que vai desde         Vai do amor dunha nena e o
Galicia hasta un pobo hindú.            seu can.
Recomendoo de 9 anos                  Recomendoo de 9 anos
a 13 anos.                                       a 13 anos.

Ata outra!!!!

3 comentarios:

  1. Precioso texto! e mira que casualidade, a autora chámase coma ti!

    ResponderEliminar
  2. Unha información interesante: a librería Zampacontos cambia de local. Pasa ó nº 25 das mesmas galerías onde estaba.

    ResponderEliminar